Saltar ao contido

intensidade de corrente eléctrica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva feminina

intensidade de corrente eléctrica

  1. (Física) A intensidade de corrente eléctrica é a cantidade de electricidade ou carga eléctrica que circula por un circuito na unidade de tempo. Para denominar a intensidade utilízase a letra I, e a súa unidade é o ampère ou amperio (A). O tempo (t) exprésase en segundos (seg).

Observacións

Na linguaxe habitual dos físicos, electricistas e, en xeral, a xente, utiliza como abreviación intensidade.

Termos relacionados

intensidade, corrente eléctrica, ampère