hidra
Aparencia
Grafías semellantes: Hidra |
Galego
- Etimoloxía: do latín hydra, do grego antigo ὕδρα.
- Pronuncia: /ˈiðɾa̝/ (AFI)
hidra (sg: hidra; pl: hidras)
- (Mitoloxía) Serpe fabulosa con varias cabezas que se rexeneraban cando eran cortadas.
- (Zooloxía) Calquera de varios pequenos pólipos de auga doce do xénero Hydra, que posúen un corpo cilíndrico e unha abertura oral rodeada de tentáculos, capaces de rexenerar.
- (Figurado) Problema ou situación complexa, de non fácil e rápida solución; perigo, ameaza que atormenta; dano, mal moi difíciles de eliminar.