ameaza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

ameaza (sg: ameaza; pl: ameazas)

  1. Xesto ou palabra co que se manifesta a intención de facer dano ou co que se pretende infundir temor, preocupación, etc.
    • Exemplo: Recibiu ameazas de secuestro

      .
  2. Aquilo que pon en perigo.
    • Exemplo: A nova política fiscal representa unha seria ameaza para os nosos intereses

      .
  3. (Figurado) Indicio ou sinal de que vai acontecer de maneira inminente algunha cousa mala ou tida por negativa.
    • Exemplo: Ante as ameazas de temporal, os barcos retornaron a porto

      .