Saltar ao contido

gardar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende gardámolo)

Galego

  • Pronuncia: /ɡaɾ.ˈðaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

gardar

  1. Procurar que algo ou alguén non sufra dano ou prexuízo.
    • Exemplo: Os arqueiros gardan o castelo. O pastor gardaba as ovellas no prado

      .
  2. Poñer algo a salvo ou no lugar correspondente.
    • Exemplo: Meu avó garda os cartos nunha caixa forte

      .
  3. Manter alguén algo no seu poder.
    • Exemplo: Aínda gardo as cartas que me escribiu.

  4. Ter oculto.
    • Exemplo: O asunto garda moitos misterios.

  5. Continuar a ter, non perder un sentimento, unha actitude, unha posición etc.
    • Exemplo: Ela, pase o que pase, garda a calma. Espero que non me gardes rancor.

  6. Permanecer durante un certo tempo nun determinado estado ou situación.
    • Exemplo: Debe gardar repouso. Gardar silencio.

  7. Facer aquilo que está prescrito por unha lei, unha relixión, as conveniencias, etc.
    • Exemplo: Sempre garda as normas de circulación.

  8. Conservar algo que pertence a unha persoa ou que está destinado a ela.
    • Exemplo: Pediume que lle gardase a vez.

  9. Non gastar, ou facelo con moita medida.
    • Exemplo: Garda as túas palabras. Garda os cartos, que tes que aforrar.

  10. Deixar algo para máis tarde.
    • Exemplo: Gardou a decisión para outro día.

  11. Conservar algo na memoria con propósitos de vinganza.
    • Exemplo: Este desplante gárdocho.

Verbo pronominal

  1. Tomar as precaucións necesarias contra os efectos prexudiciais de algo ou de alguén.
    • Exemplo: No inverno gardámonos do frío. Neste prado gárdate das vívoras. Por se acaso, gardouse moito de abrir a boca

      .

Termos relacionados