fórmula cromosómica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: /ˈfɔɾmula kɾomoˈsɔmika/ (AFI)

Open book 01.png Locución substantiva feminina

fórmula cromosómica (sg: fórmula cromosómica; pl: fórmulas cromosómicas)

  1. (Xenética) Expresión abreviada da constitución cromosómica dun núcleo diploide, na que se indica o número e a forma dos cromosomas emparellados. Nelas empréganse as letras l, m e p para referirse, respectivamente, aos cromosmas longos (longus), medianos (minus) e pequenos (parvus). Cando calquera destas leva apóstrofo (´) enténdese que o respectivo cromosoma posúe un satélite.

Traducións