Saltar ao contido

estela

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «estela».
  • Pronuncia: /esˈtɛla/ (AFI)

estela1

Substantivo feminino

estela (sg: estela; pl: estelas)

  1. (Arte, Arqueoloxía) Monumento monolítico, xeralmente de pedra e chantado no chan, que pode ter carácter funerario, conmemorativo, votivo, biográfico ou territorial, con inscricións ou decoracións.
    • Exemplo: No castro apareceu unha estela con motivos xeométricos.

Termos relacionados

Traducións

estela2

Substantivo feminino

estela (sg: estela; pl: estelas)

  1. Anaco pequeno e irregular de madeira que se desprende ao partir, rachar ou romper violentamente un pau, táboa ou outro anaco de madeira.
    • Exemplo: Ao fender a leña, cravóuselle unha estela nun dedo.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións

estela3

Substantivo feminino

estela (sg: estela; pl: estelas)

  1. (Botánica) Cilindro central do talo ou da raíz das plantas vasculares, formado polos tecidos condutores e polos tecidos fundamentais asociados.
    • Exemplo: A disposición dos feixes vasculares permite describir o tipo de estela dunha planta.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións

Referencias


Occitano

  • Pronuncia: /esˈtelo/ (AFI)

Substantivo feminino

estela (sg: estela; pl: estelas)

  1. (Astronomía) Estrela.

Castelán

estela1

Substantivo feminino

estela (sg: estela; pl: estelas)

  1. Esteira, rastro ou sinal que deixa tras si un corpo ao moverse pola auga, polo aire ou por outro medio.

estela2

Substantivo feminino

estela (sg: estela; pl: estelas)

  1. (Arte, Arqueoloxía) Estela.