estantiga
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín hostis antiquus, «o vello inimigo».
estantiga (sg: estantiga; pl: estantigas)
- (Mitoloxía) Grupo de ánimas dos mortos que, segundo a mitoloxía galega, sae ós camiños polas noites a anuncia-la próxima morte dalgún veciño.
- Observacións: Vexa o artigo «Santa Compaña» na Galipedia.
- Sinónimos: compaña, compañía, da noite, estadea, hoste, procesión das ánimas, rolda, ronda, Santa Compaña, visita.
- Persoa extremadamente alta, fraca e mal amañada, á que se alcuña así de cadáver vivinte.