equinodermos
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ɛkinoˈðɛɾmo̝s/ (AFI)
equinodermos (sg: equinodermo; pl: equinodermos)
- (Zooloxía) Filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico. Exemplos: ourizo de mar, os crinoideos, cogombro de mar, estrelamar, os ofiuroideos ou ofiurídeos...