Saltar ao contido

encamar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de cama.
  • Pronuncia: /eŋkaˈmaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

encamar

  1. Deitarse [unha colleita] [a causa dun fenómeno meteorolóxico].
  2. Estar en cama [a causa dunha enfermidade].
  3. Situarse [un animal] no lugar onde dorme.

Traducións

Verbo transitivo

encamar

  1. Deitar [un fenómeno meteorolóxico] [unha colleita].
  2. Dispor [algo] en camas ou camadas.
  3. Meter [alguén] nunha cama.

Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo pronominal

encamarse

  1. Encamar (estar en cama [a causa dunha enfermidade]).
  2. Acocharse, encamar (situarse [un animal] no lugar onde dorme).