Saltar ao contido

donicela

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «donicela».
  • Pronuncia: /doniˈθɛla̝/ (AFI)

Substantivo feminino

donicela (sg: donicela; pl: donicelas)

  1. (Zooloxía) Animal mamífero, o máis pequeno dos mustélidos. Ten corpo pequeno, longo e moi flexible, cabeza roma que non supera o grosor do pescozo, cun fociño pequeno e algo alongado. As extremidades e a cola son relativamente curtas; esta última abarca menos da metade da súa lonxitude corporal. En latitudes máis altas a pelaxe durante o verán é escura, pero varía xeograficamente de pardo leonado escuro ou chocolate escuro a pardo avermellado pálido ou rubio. O ventre e zonas inferiores, incluíndo a mandíbula e a cara interna dos membros, son brancas.

Traducións

Véxase tamén