Saltar ao contido

dente

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende dentes)

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dente».
  • Pronuncia: [ˈd̪en.t̪ɪ], [ˈd̪ɛn.t̪ɪ] (AFI)

Substantivo masculino

dente (sg: dente; pl: dentes)

  1. (Anatomía e zooloxía) Cada unha das pezas da boca dos animais, que serven para cortar, esgazar, mastigar e trabar. No home, a dentición de leite está formada por 20 pezas, e a permanente por 32 pezas.
  2. (Anatomía e zooloxía) Especificamente, cada un dos incisivos e caninos, por diferenza co resto das pezas dentarias, chamadas moas (premolares e molares).
  3. (Figurado) Peza ou parte dun trebello que sobresae, cando é aguda.
    • Exemplo: Fun bater co dente do arado.

  4. (Alimentación) Cada unha das pezas que conforman unha cabeza de allo.
    • Exemplo: O dente de allo protexe contra o mal de ollo.

    • Sinónimos: allo, dente de allo.

Galería

Traducións


Italiano

Substantivo masculino

dente (sg: dente; pl: denti)

  1. Dente.


Portugués

Substantivo masculino

dente (sg: dente; pl: dentes)

  1. Dente.