molar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Situación dos molares nun humano
  • Pronuncia: /mo.ˈlaɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

molar (sg: molar; pl: molares)

  1. (Anatomía) e (Zooloxía) Cada un dos dentes que están situados, na especie humana e en moitos mamíferos, a continuación dos premolares, que serven para mastigar os alimentos. Nos humanos o terceiro molar de cada hemimandíbula adoita chamarse moa do xuízo, por ser a derradeira en formarse, contra os 17 e os 25 anos de idade.
    • Exemplo: Os humanos temos doce molares.

Sinónimos

dente molar, moa

Adxectivo

molar (sg: molar; pl: molares)

  1. (Anatomía) Relativo ou pertencente á moa.
    • Exemplo: Nervio molar.