-al
Aparencia
Grafías semellantes: Al , al , æl , ǣl |
Galego
- Pronuncia: [ˈal] (AFI)
-al1
- Etimoloxía: do latín -ale(m) usado desde moi cedo para a formación de adxectivos, e tamén de substantivos.
- Definición impropia: Elemento de formación de palabras de orixe latina, usado como sufixo para formar adxectivos (tamén substantivados) de orixe latina, e de substantivos indicando "estado", "condición", "pertenencia", como en abaxial, adverbial, anual, final, universal, xeral, etc., e tamén, uníndose a un substantivo, para formar outro substantivo, como en vial, casal, portal, etc.
-al2
- Etimoloxía: da primeira sílaba de aldehido.
- Definición impropia: (Química orgánica) Sufixo empregado para a formación dos nomes dos aldeidos, como metanal, butanal, propanal, etc.