Saltar ao contido

baño

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende cuarto de baño)

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «baño».
Baño

baño1

  • Pronuncia: [ˈba.ɲʊ] (AFI)

Substantivo masculino

baño


singular plural
baño baños
  1. Acción e efecto de bañar ou bañarse.
    • Exemplo: O primeiro que fixen foi darme un baño.

  2. Auga ou líquido para bañarse.
    • Exemplo: Mentres esperaba preparei un baño ben quente.

  3. Pía que serve para bañarse.
    • Exemplo: O cadáver apareceu mergullado no baño.

  4. Cuarto ou lugar para bañarse.
    • Exemplo: A casa ten salón, catro dormitorios e dous baños.

    • Sinónimos: cuarto de baño.
  5. (Eufemístico) Cuarto de aseo, retrete.
    • Exemplo: O baño está ao fondo, á esquerda.

  6. (Medicina e veterinaria) Inmersión do corpo ou de parte del nun medio sólido, líquido ou gasoso, con finalidade terapéutica.
    • Exemplo: Na Toxa déronme varias sesións de baños de lodo.

  7. (Química) Vasilla que contén un medio sólido ou líquido empregada para a calefacción indirecta dun recipiente que debe recibir a calor de xeito uniforme e constante.
    • Exemplo: A reacción debe facerse quentando a cápsula en baño de area.

  8. Por extensión, exposición do corpo a radiacións de diverso tipo.
    • Exemplo: Baño de sol.

  9. (Gandaría) Recipiente onde se lle bota a comida aos animais domésticos, especialmente aos porcos.
    • Exemplo: O can non deixaba acercarse os porcos ao baño até que remataba el de comer.

    • Sinónimos: bacía, maseira, maseiro, pía.
  10. (Alimentación) Artesa na que se garda a carne salgada do porco para a súa conservación.

Termos relacionados

Traducións

baño2

Substantivo masculino

baño (sg: baño; pl: baños)

  1. (Historia) Cárcere onde os musulmáns encerraban os seus presos.