conformación en cadeira
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de conformación e cadeira.
- Pronuncia: /koɱfoɾmaˈθjoŋ eŋ kaˈdejɾa/ (AFI)
conformación en cadeira (sg: conformación en cadeira; pl: conformacións en cadeira)
- (Química orgánica) No ciclohexano e noutros compostos cíclicos de seis átomos, conformación na que os átomos das posicións 1, 2, 4 e 5 se achan nun plano, e os outros dous (3 e 6) están situados cada un en cada lado de dito plano.
- Sinónimos: conformación de cadeira.