Saltar ao contido

comportar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kom.poɾ.ˈtaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

comportar

  1. Levar unha cousa outra de maneira implícita.
    • Exemplo: Todas as aventuras comportan algún risco.

Sinónimos

conlevar, entrañar, implicar, representar, significar, supoñer, supor.

Verbo pronominal

comportarse

  1. Manter alguén unha determinada actitude con relación a outras persoas.
    • Exemplo: Rapaz, tes que aprender a comportarte. Miña comadre compórtase coma unha idiota.

Sinónimos

conducirse, portarse.