do Galizionario, dicionario galego na Internet.
- Etimoloxía: do latín capitiu ("especie de túnica feminina").
- Pronuncia: /kaˈpiθo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
capizo (sg: capizo; pl: capizos)
- Funda ou vendaxe de tea, coiro ou outro material para o dedo.
- Anaco de tea roto e gastado.
- Sinónimos: aldraxe, bandallo, béldrago, calaza, cerello, ciringallo, fargallo, farrapo, galdrapo, miato, torgallo, trapallo, trapo, trincho, zarampallo, zarangallo, zarapallo, zarapello.
Traducións