Saltar ao contido

sentar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /senˈtaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

sentar

  1. Poñer unha persoa nunha postura en que o peso do corpo descansa sobre as nádegas.
  2. Colocar unha cousa de maneira que quede firme, segura ou ben apoiada.
  3. Establecer, fixar ou deixar asentada unha idea, principio, norma ou base.

Verbo intransitivo

sentar

  1. Pousar as nádegas sobre un sitio, descansando sobre elas o peso do corpo.
  2. Producir unha cousa bo ou mal efecto sobre a saúde, o corpo ou o ánimo de alguén.
  3. Quedar ben ou mal unha roupa, adorno, cor ou complemento nunha persoa.
  4. Resultar unha cousa da maneira que se expresa.


Verbo pronominal

sentarse

  1. Pousar as nádegas sobre un sitio, descansando sobre elas o peso do corpo.

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias


Castelán

Verbo

sentar

  1. Sentar.


Portugués

Verbo

sentar

  1. Sentar.