callar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

callar

Open book 01.png Verbo transitivo

  1. Facer que se solidifique un líquido, como o leite ou o sangue.
    • Sinónimos: coagular.
    • Exemplo: Distintas herbas teñen a capacidade de callar o leite, como o cardo, Cynara cardunculus, ou o galio, Galium verum.
    • Termos relacionados: callo, calleira, calleiro.

Open book 01.png Verbo intransitivo

  1. Solidificarse un líquido, como o leite ou o sangue.
    • Exemplo: Despois de botarlle o presoiro tes que deixalo preto do lume unha media hora ata que calle.
  2. (Figurado) Manterse a neve sobre o chan sen derreterse.
    • Exemplo: Estivo nevando toda a mañá, pero non chegou a callar.
  3. (Figurado) Facerse realidade un proxecto.
  4. (Figurado) Ser aceptada unha idea ou unha teoría.
    • Exemplo: Tivo que insistir moito para conseguir que callase a súa idea entre os seus colegas do hospital.

Conxugación


Castelán

Open book 01.png Verbo transitivo, intransitivo e pronominal

callar

  1. Calar.