Saltar ao contido

barómetro de mercurio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Debuxo esquemático

Locución substantiva masculina

barómetro de mercurio

  1. Barómetro que indica a presión atmosférica dun gas pola diferencia de nivel entre dous recipientes cheos de mercurio, comunicados entre si, un dos cales é un tubo vertical duns 90 cm de longo, en cuxa parte superior se fixo o baleiro por encima do nivel de mercurio. O outro recipiente pode ser outro tubo ou un depósito calquera e nel a superficie do mercurio está directamente en contacto coa atmosfera ou co gas cuxa presión se quere medir.