autoinmunidade
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de autoinmune.
- Pronuncia: /awtojŋmuniˈðaðe̝/ (AFI)
autoinmunidade (sg: autoinmunidade; pl: autoinmunidades)
- (Medicina) Fallo dun organismo ao recoñecer os seus constituíntes como partes alleas, o cal ocasiona que se produzan respostas inmunitarias contra as súas propias células e tecidos. As enfermidades que se orixinan como resultado de respostas autoinmunes anormais denomínanse enfermidades autoinmunes. Exemplos importantes son: a enfermidade celíaca, a diabetes mellitus tipo 1 (insulina dependente), a sarcoidose, o lupus eritematoso sistémico, a síndrome de Sjögren, a síndrome de Churg-Strauss, a tiroidite de Hashimoto, a enfermidade de Graves, a púrpura trombocitopénica idiopática, a enfermidade de Addison, a artrite reumatoide e as alerxias.