Saltar ao contido

aleta pectoral

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva feminina

aleta pectoral

  1. (Ictioloxía) Cada unha das dúas aletas situadas inmediatamente detrás da cabeza dos peixes, que se corresponden coas extremidades anteriores dos vertebrados terrestres e interveñen na locomoción lenta, nos xiros e no freado. Nos tiburóns insírense oblicuamente, nas raias están soldadas á cabeza e forman os lados do corpo, e nos peixes óseos están inseridas verticalmente.
  2. (Zooloxía) Cada unha das dúas aletas situadas na parte anterior do corpo dos vertebrados tetrápodos adaptados á vida acuática, que son resultado da adaptación das extremidades anteriores á natación.