matriz
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: [maˈtɾiθ] (AFI)
Adxectivo
matriz
- Que orixina algunha cousa.
- Exemplo: O latín é lingua matriz do galego, castelán, portugués, etc.
- Sinónimos: nai.
Substantivo feminino
- (Anatomía) Útero, órgano do aparato reprodutor feminino.
- Exemplo: Logo complicóuselle cunha infección da matriz.
- Sinónimos: madre, seo, seo materno, útero.
- Parte dun talonario que conserva a referencia dos talóns arrincados.
- (Matemáticas) Disposicións dunha serie de elementos relacionados entre si.
- Molde empregado na imprenta para fundi-los caracteres.
- Sinónimos: molde.