amoxetar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /amoʃe'taɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

amoxetar

  1. Apertar algo entre dous dedos, normalmente o índice e o polgar. Beliscar.
    • Exemplo: Amoxeteina no brazo para que espertase.

  2. Facer unha incisión pequena a unha castaña para evitar que estoupe ao asala. Amordicar. Amosegar.
    • Exemplo: Estou a amoxetar nas castañas para botalas nas brasas.

Traducións

Conxugación

Termos relacionados