Saltar ao contido

amañar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /amaˈɲaɾ/ (AFI)

Verbo pronominal

amañarse

  1. Acadar a debida comprensión dos demais e chegar a un acordo, tácito ou non, con eles.
  2. Vestir de maneira axeitada para as circunstancias.
  3. Ser quen [unha persoa] de facer algo de seu, sen a axuda de ninguén.

Verbo transitivo

amañar

  1. Conseguir que funcione aquilo que estaba estragado, roto, danado ou avariado.
  2. Pór en orde, preparar os medios necesarios para facer algo.
  3. Encontrar unha solución para unha situación.
  4. Poñer [alimento] en adubo.

Traducións

Verbo transitivo e pronominal

amañar

  1. Coidar o propio aspecto ou o doutro á hora de realizar unha actividade.
  2. Preparar para un ou proporcionarlle a alguén o necesario para facer camiño ou ir de viaxe.

Conxugación