aleta torácica
Aparencia
Galego
- (Ictioloxía) Cada unha das dúas aletas situadas inmediatamente detrás da cabeza dos peixes, que se corresponden coas extremidades anteriores dos vertebrados terrestres e interveñen na locomoción lenta, nos xiros e no freado. Nos tiburóns insírense oblicuamente, nas raias están soldadas á cabeza e forman os lados do corpo, e nos peixes óseos están inseridas verticalmente.
- Sinónimos: aleta pectoral, ala pectoral, ala torácica.
- (Zooloxía) Cada unha das dúas aletas situadas na parte anterior do corpo dos vertebrados tetrápodos adaptados á vida acuática, que son resultado da adaptación das extremidades anteriores á natación.
- Sinónimos: aleta pectoral, ala pectoral, ala torácica.