raia
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Substantivo feminino
raia1 (sg: raia; pl: raias)
- Trazo ou marca moi delgada e longa.
- Exemplo: Encheu a folla do caderno con raias de cores. Dorme cun pixama de raias. Pasoulle o ferro ao pantalón para facerlle as raias.
- Liña imaxinaria que separa ou delimita dous territorios (dúas provincias, dous países etc.).
- Exemplo: Verín está preto da raia con Portugal.
- Signo de puntuación consistente nun trazo horizontal máis longo ca o guión (―).
- Exemplo: Nas novelas o inicio dun diálogo márcase cunha raia.