abortivo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de aborto.
- Pronuncia: /a.βoɾˈti.βo̝/ (AFI)
abortivo (ms: abortivo; mpl: abortivos; fs: abortiva; fpl: abortivas)
- Pertencente ou relativo ao aborto.
- Nado antes de tempo.
- (Obstetricia) Dise do feto non viábel.
- (Obstetricia) Que pode provocar o aborto. Dise da substancia ou da manobra.
- Exemplo: Fármaco abortivo. Prácticas abortivas.
- Exemplo: Fármaco abortivo. Prácticas abortivas.
- (Medicina) Que cura antes de chegar á súa máxima evolución habitual. Dise da enfermidade.
abortivo (sg: abortivo; pl: abortivos)
- (Obstetricia) Substancia que provoca o aborto.
- Exemplo: Non houbo necesidade de recorrer aos abortivos.
- Exemplo: Non houbo necesidade de recorrer aos abortivos.