abafado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: [a.βaˈfa.ðʊ] (AFI)

Open book 01.png Adxectivo

abafado (ms: abafado; mpl: abafados; fs: abafada; fpl: abafadas)

  1. Que non ten alento, que ten dificultades para respirar.
  2. (Figurado) Que sente desacougo por mor dunha situación desagradable e persistente.
  3. Sinónimos: bloqueado, impedido, contido, reprimido.
  4. Cuberto de bafo.
  5. Que desprende un cheiro desagradable.
  6. (Figurado) Que sente moita vergoña.
  7. (Figurado) Que sente impotencia ante unha situación adversa ou difícil.
  8. (Figurado) Que carece de medios para defenderse.

Open book 01.png Participio

abafado (ms: abafado; mpl: abafados; fs: abafada; fpl: abafadas)

  1. Definición impropia: participio do verbo «abafar».