Saltar ao contido

abadía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     abadia ,    abadiá

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abadía».
  • Pronuncia: [a.βaˈði.ɐ] (AFI)

Substantivo feminino

abadía (sg: abadía; pl: abadías)

  1. (Relixión) Dignidade de abade ou abadesa.
  2. (Relixión) Igrexa ou mosteiro con territorio de seu rexido por un abade ou abadesa.
  3. (Relixión) Casa do crego que rexenta unha parroquia.
  4. (Relixión) Territorio, xurisdición, bens ou rendas dun abade ou abadesa.
  5. (Relixión) Tributo pagado ao párroco ao morrer alguén.

Traducións

Termos relacionados

Véxase tamén


Castelán

Substantivo feminino

abadía (sg: abadía; pl: abadías)

  1. (Relixión) Abadía (dignidade de abade ou abadesa).
  2. (Relixión) Abadía (igrexa ou mosteiro con territorio de seu rexido por un abade ou abadesa).
  3. (Relixión) Abadía, reitoral, reitoría (casa do crego que rexenta unha parroquia).
  4. (Relixión) Abadía (territorio, xurisdición, bens ou rendas dun abade ou abadesa).
  5. (Relixión) Abadía (tributo pagado ao párroco ao morrer alguén).

Referencias

Boullón Agrelo, Ana Isabel; Monteagudo Romero, Henrique; García Cancela, Xermán (1988). Diccionario normativo galego-castelán. p. 1. Editorial Galaxia. ISBN 9788471546418.