Diocleciano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Diocleciano».
Cabeza de Diocleciano.
Museo Arqueolóxico de Istambul

Diocleciano

  • Pronuncia: /dio.kle.ˈθia.no/ (AFI)

Gaius Aurelius Diocles Diocletianus, coñecido como Diocleciano, nacido en Dalmacia o 22 de decembro de 244 e morto o 3 de decembro de 311 no Palacio de Diocleciano, en Spalatum (hoxe Split, Croacia), foi un emperador romano. Dunha familia de baixo nivel social, Diocleciano subiu os chanzos da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores Probo e Aureliano até ser nomeado cónsul. Foi un dos augustos da Primeira Tetrarquía. Rematou coa Crise do Século III (235-284) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do Imperio romano, coñecida como Dominado (fronte ao Principado anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.