Conversa usuario:Cullerdés

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Ola, Xoio. Dúas cousiñas.

Dunha banda, podes empregar a mesma conta de usuario para os distintos proxectos Wiki, non tes que crear unha conta de seu para o Wiktionary. Doutra banda, non podes facer copia-pega do Dicionario da Real Academia Galega, que ten dereitos de autoría. En calquera caso, deberías achegar as fontes das definicións. Un saúdo. --Estevoaei (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 08:59 (UTC)[responder]

Ola Estevo. Non sabía que se podía usa a mesma conta, pero o feito, feito está. Tes moita razón no que dis do "corta e pega"; tratarei de ir, pouco a pouco, corrixindo esta eiva. Non acheguei as fontes das definicións porque vin que ninguén as facía, aída que si se fan na versión en castelán; tratareir de facelo no suesivo especicialmente nas entradas grandes. Moitas grazas. Un cordial saúdo. Xoio, o Cullerdés.--Cullerdés (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 11:20 (UTC)[responder]

Borrar[editar]

Para eliminar unha entrada podes substituír o texto por {{borrar}} ou {{lixo}}, así, entre chaves ({{ }}), e poñendo unha barra para indicar o motivo. Por exemplo: {{lixo|erro no título}}. Calq (conversa) 12 de maio de 2023 ás 10:05 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola túa aclaración. Son un vello pouco coñecedor destas cuestións. Cullerdés (conversa) 12 de maio de 2023 ás 21:02 (UTC)[responder]

Continuo[editar]

Ollo, que o exemplo de uso en continuo non se corresponde. Un saúdo, Pedro Lameiro (conversa) 13 de xuño de 2023 ás 22:37 (UTC)[responder]

Tes razón, grazas. Úsase en castelán, en galego non. Unha aperta, Pedro. Cullerdés (conversa) 13 de xuño de 2023 ás 22:56 (UTC)[responder]
O Cullerdés é Xoio. Cullerdés (conversa) 13 de xuño de 2023 ás 22:57 (UTC)[responder]

categoría Etnografía[editar]

Boas tardes, Luís. Como xa verías xa fixen varias entradas categorizadas como "Etnografía en galego", pero o caso é que non existe tal categoría. ¿Ti sabes como se crea ou en qué outra categoría terían cabida eses conceptos? Un saúdo, Pedro Lameiro (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 18:03 (UTC)[responder]

Ola Pedro. Non vin esas estradas, pero busquei e encontrei unha que non era da túa autoría. Como non hai esa "categoría", loxicamente aparece en vermello. Non sei como se pode facer iso da "creación" dunha nova categoría. Pero na actual "vida" que nos últimos tempos levo no Galizionario (esquecérame de que antes xa estivera como "Xoio", e xa me chamaron a atención que "non debería" ter as dúas pero, como lles dixen, "o feito feito está". Ao asunto: hai meses que eu puxen creo que dúas categorías inexistentes e un amábel compañeiro (desgrazadamente non recordo o seu nome) mandoume un aviso dicindo que xa as arranxara. Lamento non recordar o nome para dicircho para que falaras con el. Pero alégrome moito de falar contigo, que eres un "fenómeno", e no só no tema das vacas. Un cordial saúdo. --Cullerdés (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 18:22 (UTC)[responder]
Fixen unha mirada "rápida" ás categorías "raras" (hai algunha que só ten unha entrada). Pregúntalle a Calq ou a Furagaitas, a ver se tes sorte. --Cullerdés (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 18:34 (UTC)[responder]
Paseille a pregunta a Calq, pero non a Furagaitas, que hai ano e pico que non aparece por aquí. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 20:52 (UTC)[responder]
E, deuche a solución? --Cullerdés (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 20:55 (UTC)[responder]
Aínda non contestou, pero descubrín que era ben fácil, e que aquí se crean as categorías o mesmo que facemos na Galipedia. Así que xa está creada Cat.:Etnografía dentro da Categoría:Galego. Pero t--Lameiro (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 21:03 (UTC)amén descubrín que temos case 30.000 entradas dentro desta xenérica "Galego", que a ver quen se pon a categorizar no seu sitio. Saúdos, Pedro[responder]
Non é nada complicado crear unha categoría, só que sempre vai ir incluída dentro doutra ou doutras. A categoría "etnografía en galego" pois iría incluída na categoría "etnografía" e "galego" (*); e a categoría xeral de "etnografía" pois vai incluída na categoría de "entradas por significado" (**).
(*) Neste caso, pois pode ir incluída na categoría "antropoloxía en galego".
(**) Neste caso, pois pódese inluír tamén na categoría de "antropoloxía". Calq (conversa) 19 de xuño de 2023 ás 00:47 (UTC)[responder]

enciclopedia vs dicionario[editar]

Ola, Xoio; as últimas entradas que estás a crear non son definicións de dicionario, senón artigos enciclopédicos que non teñen cabida no Wiktionary. É importante distinguir estes dous aspectos. Podería crearse unha entrada sobre o antropónimo "Isabel" e outra sobre o apelido "Zendal", pero non ten sentido aquí unha entrada sobre Isabel Zendal, e o mesmo con espazos museísticos, patrimonio arquitectónico ou outros elementos. Isto é un dicionario. Un saúdo! --Estevoaei (conversa) 19 de xuño de 2023 ás 08:05 (UTC)[responder]

Por exemplo, aquí, Isabel e Zendal non significa o mesmo que Isabel Zendal, á parte de que unha cousa non quita á outra. E entón acaíalle mellor logo o modelo de "formatar" porque non dá definicións realmente.--Calq (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 18:33 (UTC)[responder]
Ola Estevo. Tes razón. O Galizionario non é un "dicionario enciclopédico", senón un dicionario. Emendarei eses erros e, talvez, outros. Un saúdo. Cullerdés (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 04:42 (UTC)[responder]
Ola, Luís. Si, tamén creo que Estevo ten razón neste punto, e que eses artigos acaen máis na Galipedia que no Galizionario, onde temos que cinguirnos a unha definición, no seu sentido estrito. Un saúdo, Pedro--Lameiro (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 12:07 (UTC)[responder]

Isto é un Wiktionary que pretende ser un dicionario. Eu creo que si cabe calquera termo de calquera área de coñecemento. Aquí, Luís, non fixo definicións dos termos, fixo artigos máis enciclopédicos, pero, eu deixaría as entradas, con definicións e traducións se houber. Noutros Wiktionaries doutras linguas teñen nomes de sitios e persoas.--Calq (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 18:33 (UTC)[responder]

Non comparto esa opinión, porque non vexo como se pode definir unha persoa e, dificilmente, un edificio. Eu non coñezo ningún dicionario que inclúa nomes de persoas entre as súas entradas, por algo será (claro, que tampouco inclúen topónimos), e sí distintas enciclopedias que si o fan, por algo será. Non sei qué outros wikicionarios incluirán nomes de persoas e lugares, pero iso nunca foi argumento nesta casa. A entrada Isabel Zendal debería ser borrada. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 20:55 (UTC)[responder]
Pois, por exemplo Homero é supostamente unha persoa, o nome dunha persoa. Podemos definilo. E incluírlle traducións. Ou non? Un nome dun personaxe histórico si ten un significado, e ás veces, con derivados, como homérico. Hai dicionarios de todas as cores. Hai dicionarios de personaxes de moitos temas, hai dicionarios visuais por exemplo: Apéndice:Dicionario visual; eu nese aspecto creo que hai que ser máis abertos. Hai dicionarios moi especializados. Isto é un dicionario libre, vale contido de calquera temática. No dicionario galego-ruso hai topónimos, como en todos os wiktionaries de todas as linguas. Estaba proposto para borrar a Gran Barreira de Coral, que está no wiktionary inglés e chinés. Isto non é argumento, pero é unha conclusión á que outros chegaron por algo.
Non é importante o nome de Isabel Zendal dentro da categoría de medicina? Se non o é, pois bórrase logo.--Calq (conversa) 21 de xuño de 2023 ás 16:48 (UTC)[responder]

Violencias[editar]

Boas noites, Luís. Veño de crear as entradas "Violencia machista", "V. doméstica", "V. intrafamiliar" e "V. vicaria" ("V. de xénero" xa o fixeras ti). Son conceptos moi delicados nos que convén coidar ben os matices, polo que che pido que lle botes un vistazo para ver que cres ti que sobra ou falta (definición, sinonimia, relacionados, etc), para logo proceder ás correccións, engádegas ou supresións que foran necesarias. Grazas e xa falaremos. Pedro Lameiro (conversa) 19 de xuño de 2023 ás 21:50 (UTC)[responder]

Bos días, Pedro. Veño de modificar "V. familiar" e "V. intrafamiliar", que puxen como sinónimos (que son) de "Violencia doméstica". E tiven que crear o adxectivo "intrafamiliar", que non aparece nos dicionarios da RAG nin da RAE. Vou revisar agora as outras violencias.--Cullerdés (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 05:42 (UTC) (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 05:40 (UTC)[responder]

gráfico[editar]

Ola, Luis. Repasa a segunda acepción de gráfico (sustantivo). Un saúdo, Pedro Lameiro (conversa) 30 de xullo de 2023 ás 18:08 (UTC)[responder]

Ola Pedro. O dicionario da RAG na segunda acepciópn de gráfico di: "Que representa, describe ou explica algo por medio de debuxos, liñas ou figuras". Signos gráficos. Caracteres gráficos. Unha explicación gráfica. Confeso que o copiei. Un saúdo. --Cullerdés (conversa) 1 de agosto de 2023 ás 06:31 (UTC)[responder]
Joder! Non me dera de conta de que puxera adxectivo. (De paso, corrixín outros dous erros). Moitas grazas por avisarme, amigo. --Cullerdés (conversa) 1 de agosto de 2023 ás 06:45 (UTC)[responder]