Conversa:croca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Croca non é sinónimo de castaña. Eladio defíneo (como 3ªacepción) como "Castaña seca del CANIZO, que es la pilonga". Franco Grande e Carré, tamén como acepcións secundarias, como castaña seca. Rivas Quintas, como bugallo do carballo. A croca é, en primeiro lugar, a carne procedente da cadeira do vacún (tamén os ósos da rabadilla, sobre os que asenta esa carne); e en segundoi lugar a cabeza (dar un pau na croca). ¿Como se organizaría así esta entrada, coas distintas acepcións? A fraseoloxía e outras cousas que contén este artigo tamén sobran e só deberían estar en castaña. Pedro --Lameiro (conversa) 21:49, 30 de abril de 2012 (UTC)

As páxinas categorizadas en Categoría auxiliar están pendentes de ser formatadas. E como dis ti, moita da información que contén este artigo debería ir en castaña. Aínda así, non vexo inconveniente en recoller unha terceira(?) acepción referida ó froito do castiñeiro. [ Furagaitas * ] 17:22, 2 de maio de 2012 (UTC)