Saltar ao contido

Conversa:antibalas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Último comentario: Calq hai 11 anos

Esta redirección é correcta?. Según a RAE, síntoo pero é a única referencia en liña que teño, antibalas é un adxetivo co significado "1. adj. Que protege de las balas.". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:16, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Conforme o falado, antibalas non vén nin no VOLGa nin no DRAG, polo que non é válido noutros casos fóra de chaleco antibalas. Non obstante, pódese crear a palabra en castelán xa que temos unha fonte importante que a avala. [ Furagaitas * ] 14:53, 17 de novembro de 2010 (UTC)
Pero que non veña na versión on-line non quere dicir que non sexa correcto. ¿Só se poden incluir palabras que estén incluidas nas versións on-line do VOLGA e do RAG?. Eses recursos non son completos nin moito menos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:52, 18 de novembro de 2010 (UTC)
¿A que te refires con que non son completos? ¿A que existe outra versión completa dos mesmos? NOMIG, VOLGa e DRAG son as nosas principais referencias; outros dicionarios oficialistas poden ser tamén fontes válidas. Se citas as túas fontes poderemos valorar a inclusión dunha entrada antibalas en galego. [ Furagaitas * ] 15:15, 18 de novembro de 2010 (UTC)
Para outras formas non normativas remítote á discusión que está tendo lugar na Taberna. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:17, 18 de novembro de 2010 (UTC)