Convento de San Domingos de Bonaval

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Convento de San Domingos de Bonaval».
Entrada ao convento e á igrexa
  1. O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII, remodelado no XVII, cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos. Foi fundado por san Domingos de Guzmán, que peregrinou a Santiago no ano 1219. Desde o século XV aparece xa co nome de San Domingos. Sitúase na cidade de Santiago de Compostela, extramuros, na aba do monte da Almáciga, preto do lugar coñecido como a Porta do Camiño. Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello e, despois de ser un hospicio e un colexio de persoas xordomudas e cegas, cando se suprimiron estas institucións, o Concello decidiu acondicionar e destinar unha parte das dependencias a Museo Municipal, que se inaugurou en decembro de 1963. Finalmente, en 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome.