-eza
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués -eza ou -eça, probabelmente tomado do occitano antigo -eza e/ou do castelán antigo -eza, ambos do latín -itia.
- Pronuncia: /ˈeθɐ/ ou /ˈesɐ/ (AFI)
-eza
- Elemento de formación de palabras engadido a adxectivos para formar substantivos que significan "o estado de", "a calidade de" ou "a medida de", como en nobreza, pobreza, tristeza, etc.