Saltar ao contido

ámbito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende ámetos)

Galego

  • Pronuncia: /'am.bi.to̯/ (AFI)

Substantivo masculino

ámbito
(sg: ámbito; pl: ámbitos)

  1. Contorno ou perímetro dun espazo ou lugar no que se desenvolve ou ten efecto algo.
    • Exemplo: O seu comportamento é totalmente distinto no ámbito familiar.

      .
  2. Espazo comprendido dentro duns límites determinados.
    • Exemplo: Esas casas están fóra do ámbito urbano.

      .
  3. Por extensión, espazo ideal configurado por cuestións e problemas dunha ou varias actividades ou disciplinas relacionadas entre si.
    • Exemplo: Do que falas pertence ao ámbito da psicoloxía, non ao da socioloxía.

      .
  4. (Lingüística) Segmento sintáctico sobre o que exerce algún efecto unha expresión gramatical.
    • Exemplo: O averbio non ten ámbito sobre o pronome 'nada' na oración 'non dixe que faltara nada'.

      .