circuíto
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /θiɾ.ku'i.to̝/ ou /siɾ.ku'i.to̝/ (AFI)
circuíto (sg: circuíto; pl: circuítos)
- Terreo comprendido dentro dun perímetro calquera.
- Exemplo: A pista ten cinco quilómetros de circuíto.
- Exemplo: A pista ten cinco quilómetros de circuíto.
- Estrada en curva pechada utilizada para carreiras de automóbiles, motocicletas, bicicletas, etc.
- Exemplo: O circuíto de Le Mans.
- Exemplo: O circuíto de Le Mans.
- Pecorrido que adoita terminar no punto de partida.
- Exemplo: Neste circuíto celébranse carreiras pedestres.
- Exemplo: Neste circuíto celébranse carreiras pedestres.
- (Física) Sistema formado por un ou varios condutores, percorrido por unha corrente eléctrica, e no cal hai xeralmente intercalados aparatos produtores ou consumidores desta corrente.
- Exemplo: Unha avaría no circuíto detivo o proceso.
- Exemplo: Unha avaría no circuíto detivo o proceso.
Termos relacionados
circuíto aberto, circuíto impreso, circuíto integrado, circuíto lineal, circuíto magnético, circuíto pechado, curtocircuíto.