ácido acetilsalicílico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ácido acetilsalicílico».
Molécula do ácido acetilsalicílico

Locución substantiva masculina

ácido acetilsalicílico

  1. (Química) e (Farmacia) Fármaco analxésico, antipirético e antiinflamatorio. Ademais, como tamén é antiagregante plaquetario, úsase en doses baixas para previr ataques ao corazón, ictus e coágulos de sangue en persoas con alto risco. Na actualidade fabrícase por síntese, pero antigamente obtíase a partir do ácido salicílico existente en fontes naturais, como a casca do salgueiro branco (Salix alba).
    • Exemplo: Un precursor do ácido acetilsalicílico que se encontra nas follas do salgueiro utilizouse polos seus efectos sobre a saúde desde hai polo menos 2.400 anos.

Sinónimos

aspirina

Observacións

aspirina é unhna marca rexistrada.