plaqueta
Aparencia
Galego
Pronuncia: /pla.'ke.ta̯/ (AFI)
plaqueta
(sg: plaqueta; pl: plaquetas)
- (Histoloxía) e (Zooloxía) Célula do sangue dos animais vertebrados, de forma xeralmente circular, e sen núcleo, que desempeña unha importante función no proceso da coagulación.
- (Arqueoloxía) Pequena peza plana da arte prehistórica con gravados ou pinturas.
- En construción, revestimento cerámico para pavimentos e paredes.
- En numismática, pequeno baixorrelevo de metal, semellante a unha medalla, pero de forma xeralmente rectangular ou de polígono.