violencia de xénero

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «violencia de xénero».
Muller maltratada cun bastón.
Debuxo de Francisco de Goya

Locución substantiva feminina

violencia de xénero

  1. (Socioloxía) Acción ou conxunto de accións que comporta violencia física, psicolóxica, sexual, ou verbal, exercida contra unha persoa por razón do seu xénero ou sexo, especialrmente dun home contra unha muller. Entre os actos e accións que se consideran violencia contra as mulleres ou os homes e que teñen como resultado dano ou sufrimento para a muller ou o home considéranse o abuso, o abuso sexual, a agresión sexual, o acoso sexual, a cousificación, a cultura da violación, a violencia obstétrica, o abuso de poder, a violencia doméstica, (tamén denominada familiar), a mutilación xenital feminina ou masculina, o tráfico de mulleres e a prostitución forzada, a violencia derivada dos conflitos armados, as prácticas tradicionais prexudiciais para a saúde de nenas e mulleres, ou nenos e homes, a violación e o feminicidio. A maioría destas prácticas están tipificadas penalmente, e moitas delas constitúen delitos contra a liberdade sexual, o que permite que calquera muller ou nena que se atope nesta situación poida demandar amparo xudicial, así como soporte social.
    • Exemplo: As denuncias por violencia de xénero das mulleres multiplicáronse nos últimos anos, debido á acción das feministas.

Termos relacionados