saúde

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «saúde».
Unha médica ausculta o corazón dun neno cun estetoscopio

saúde

Substantivo feminino

  1. (Medicina) A saúde é definida pola Organización Mundial da Saúde coma o estado de completo benestar físico, mental e social, e non a ausencia de afeccións ou enfermidades.
  2. Dito máis brevemente, estado no que o ser orgánico exerce de forma normal todas as súas funcións.
    • Exemplo: Sempre gozou de moi boa saúde. O seu estado de saúde mellorou sensibelmente

      .
  3. Condición física e psíquica na que se encontra un organismo nun momento determinado.
    • Exemplo: seu estado de saúde mellorou sensibelmente

      .
  4. (Relixión) No cristianismo, estado de graza espiritual.

Interxección

  1. Utilízase cando se vai beber pola saúde de alguén.
    • Exemplo: -Brindemos. -Saúde!

  2. Utilízase cando alguén esbirra.
    • Exemplo: Saúde!

Termos relacionados