razón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: /raˈθoŋ/ (AFI)

Open book 01.png Substantivo feminino

razón (sg: razón; pl: razóns)

  1. Faculdade de pensar e xulgar.
    • Exemplo: A razón é algo exclusivo do ser humano.
  2. Verdade, acerto no que se di ou pensa.
    • Exemplo: Tes moita razón, ese libro non está nada ben.
  3. Bo xuízo, capacidade para xulgar e obrar de maneira axeitada.
    • Exemplo: Ese desgusto fíxolle perde-la razón.
  4. Cousa que xustifica a existencia de algo, ou que algo sexa feito dunha determinada maneira.
    • Exemplo: Non hai razón para sentir medo.
  5. Información.
    • Exemplo: Alúgase esta vivenda, razón aquí.
  6. Aquilo que se comunica ou do que se informa a alguén para que o transmita a outro.
    • Exemplo: Aínda non me deu razón do que pasara.