metilo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «metilo».
En vermello, o grupo metilo unido ao pentano, formando o 3-metilpentano
  • Pronuncia: /me.'ti.lo/ (AFI)

Substantivo masculino

metilo (sg: metilo; pl: metilos)

  1. (Química) Grupo de fórmula -CH3, derivado do metano. Pode aparecer en tres formas: anión, catión e radical; o anión ten oito electróns de valencia, o radical sete e o catión seis. Os tres son moi reactivos e raramente se poden observar.
    • Exemplo: O metilo entra na composición do alcohol metílico.