fórmula

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Disambig.svg Grafías semellantes:     formula

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fórmula».
  • Fonetica.PNG Pronuncia: /ˈfɔɾmula/ (AFI)

Open book 01.png Substantivo feminino

fórmula (sg: fórmula; pl: fórmulas)

  1. Modelo establecido, ou consagrado polo uso, para expresar ou realizar certas cousas.
  2. Nota na que se enumeran os ingredientes que deben compoñer unha cousa, indicando ou non o modo de facela.
  3. (Matemáticas e física) Representación simbólica dunha información (mediante símbolos e números); por exemplo, para indicar a relación que hai entre diversos termos, ou a maneira de resolver unha operación.
  4. (Química) Expresión, mediante símbolos químicos e números, da composición dunha especie química.
  5. (Figurado) Solución, maneira de proceder para acadar un determinado fin.

Termos relacionados

Traducións