cristal
Aparencia
Grafías semellantes: Cristal |
Galego
- Etimoloxía: do latín crystallus, -us (ou -i), e este do grego antigo κρύσταλλοσ (xeo, cristal).
- Pronuncia: /kɾisˈtal/ (AFI)
cristal (sg: cristal; pl: cristais)
- Corpo sólido no que os seus elementos materiais constituíntes (átomos, ións ou moléculas) están regularmente dispostos de forma ordenada e periódica nas tres direccións do espazo, e que está limitado por caras planas que responden a dita estrutura interna.
- Vidro incoloro e moi transparente, que normalmente leva óxido de chumbo na súa composición, e se distingue das variedades comúns pola súa maior densidade e índice de refracción, brillo e sonoridade.
- Lámina deste material ou de vidro.
- Lámina de xeo que cobre unha poza, lago ou río, formada por conxelación da capa superficial da auga.
Termos relacionados
- cristal asimétrico
- cristal biáxico
- cristal covalente
- cristal de rocha
- cristal dicroico
- cristal hemiédrico
- cristal holoédrico
- cristal iónico
- cristal isótropo
- cristal maclado
- cristal metálico
- cristal mixto
- cristal molecular
- cristal uniáxico
- cristal zonado
- cristalino
- método do cristal xiratorio
- monocristal
- vidro