xugo de cangallas
Aparencia
Galego
xugo de cangallas
- (Carro) Tipo de xugo do que penden dous pares de táboas verticais diverxentes, abertas por baixo, por entre as que se mete o pescozo da xugada. Estes paus, chamados cangallas, pechan por baixo mediante unha correa chamada pialla.
- Observacións: Este tipo de xugo é o máis común en Galicia: toda a provincia da Coruña, norte e noreste da de Pontevedra, norte e oeste de Lugo e a franxa noroeste de Ourense. Xaquín Lorenzo dáballe tamén o nome de xugo galego.