Saltar ao contido

viquingo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «viquingo».
  • Pronuncia: /βi.'kiŋ.ɣo̯/ (AFI)

Adxectivo

viquingo
(ms: viquingo; mpl: viquingos; fs: viquinga; fpl: viquingas)

  1. Pertencente ou relativo ao pobo viquingo.
    • Exemplo: As invasións viquingas.

Substantivo

viquingo
(ms: viquingo; mpl: viquingos; fs: viquinga; fpl: viquingas)

  1. Individuo do pobo viquingo.
    • Exemplo: No norte da Coruña e de Lugo hai bastantes descendentes dos viquingos..

Viaxes dos viquingos

Substantivo plural

viquingos
(m: viquingos; f: viquingas)

  1. (Historia) Nome co que se coñece aos exploradores, navegantes, comerciantes e guerreiros normandos (os homes do Norte) que, orixinarios de Escandinavia, atacaron as costas das Illas británicas, Francia, a península Ibérica e outras partes de Europa, chegando tan lonxe como até Turquía e o sur de Rusia, entre os séculos VIII e XI.