tónico
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈtɔ.ni.kʊ] (AFI)
tónico (ms: tónico; mpl: tónicos; fs: tónica; fpl: tónicas)
- Que pertence ou concirne ao ton.
- Que dá forza, ton ou vigor.
- (Medicina) Que provoca ou favorece o ton dun músculo, dun órgano, ou do metabolismo en xeral.
- Sinónimos: tonificante.
- (Música) Que establece o fundamento da harmonía e melodía dunha peza ou escala. Dise da primeira nota dunha escala.
- (Fonética) Que ten acento prosódico, pronunciándose con maior forza de voz.
- Antónimos: átono.
tónico (sg: tónico; pl: tónicos)
- (Medicina) Medicamento que provoca ou favorece o ton dun músculo, dun órgano, ou do metabolismo en xeral, que dá forzas.
- (Cosmética) Tipo de loción ou líquido que se emprega para mellorar a aparencia do cabelo, o cute ou calquera outra parte do corpo.