trollo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

trollo1

  • Pronuncia: /ˈtɾoʎo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

trollo (sg: trollo; pl: trollos)

  1. Mestura de terra, auga, pedras e outros materiais, que se forma cando chove.
  2. Lugar que ten moita lama.
  3. Terreo baixo con moita humidade onde só medra a herba e algúns arbustos.

Variantes

Traducións

trollo2

  • Pronuncia: /ˈtɾoʎo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

trollo (sg: trollo; pl: trollos)

  1. Utensilio composto dun mango cunha táboa perpendicular dun lado de forma semicircular, que se usa para mover e xuntar as brasas, mover e sacar o pan do forno, ou o gran na eira.
  2. Apeiro parecido a un angazo, que se emprega para desfacer os terróns e achaiar a terra.
  3. Ferramenta do albanel consistente nunha táboa plana cunha asa por un parte, onde se traballa unha masa coa paleta.

Variantes